A Deputación estuda novas liñas de colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais de Arnoia

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, reuniuse coa presidenta e a secretaria desta entidade, Asunción Fernández e Sara de Oliveira

Ourense, 23 de outubro de 2022.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial coa presidenta e a secretaria da Asociación de Mulleres Rurais de Arnoia, Asunción Fernández e Sara de Oliveira, para avaliar as liñas de colaboración abertas entre o goberno provincial e esta entidade e estudar novas iniciativas para desenrolar no futuro. Na reunión tamén estivo presente César Fernández, vicepresidente primeiro da Deputación e responsable dos temas de cooperación cos concellos e tecido asociativo da comarca do Ribeiro. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Manuel Baltar resalta os froitos do seu “bo traballo operando sobre o territorio” realizado pola Asociación de Mulleres Rurais de Arnoia, enmarcándoo no “rol absolutamente clave que teñen as mulleres como axente dinamizador do rural: elas son as aliadas fundamentais das administracións públicas e sector privado no desenvolvemento socioeconómico e a loita contra a despoboación”.