A Macomunidade celebrará un obradoiro de alimentación saudable

O Programa de Educación Familiar da Mancomunidade de Concellos do Carballiño
informa da posta en marcha da actividade Obradoiro de Alimentación Saudable, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, e que se levará a cabo con motivo da conmemoración do Día Mundial da Alimentación o pasado 16 de outubro.

Para a conmemoración de dita data, realizarase nos centros educativos dos catro
Concellos mancomunados –Beariz, Boborás, O Irixo e San Amaro– unha actividade que
terá por obxectivo concienciar sobre a importancia de mellorar os hábitos de
alimentación, e na que se utilizará unha metodoloxía participativa. O obradoiro será
impartido pola nutricionista Adriana Fernández Vidal.

AVANTAR ACTIVIDADES

Estas actividades enmárcanse dentro da prevención, ferramenta indispensable
dentro do Programa de Educación Familiar para evitar o posible futuro desenvolvemento
de condutas pouco adaptativas no ámbito familiar.