Arnoia elixida sede do XVI encontro nacional de Vilas Termais

O Concello de Arnoia acollerá o XVI encontro nacional de Vilas Termais, durante o que tamén terá lugar a asemblea da Sección de Entidades Locais con Augas Mineiro- Medicinais e Termais da Federación Española de Municipio e Provincias da que é Vicepresidente Nacional o actual alcalde de Arnoia, Rodrigo Aparicio. A designación de Arnoia aprobouse por unanimidade na asemblea anual desta sección, celebrada estes días na localidade granadina de Cortes y Graena, e da que forman parte 72 municipios e varias Deputacións de toda España.


En opinión de Aparício será unha ocasión ideal para poñer de manifesto, unha vez máis, a importancia do termalismo e dos seus balnearios como peza imprescindible no reto demográfico.
Arnoia e a provincia de Ourense, como referente termal internacional, son o marco ideal “para un encontro destas características” resalta o alcalde arnoiés, que ademais incide en que será unha ocasión ideal de promoción do territorio.
Á capacidade organizativa do propio concello de Arnoia, úneselle o apoio da Diputaciòn Provincial de Ourense, do grupo Caldaria e do persoal da FEMP adscrito á sección de Vilas Termais.
Será unha excelente oportunidade de intercambio de experiencias entre municipios con recursos termais desde os puntos de vista socio-económicos, turísticos e mesmo sanitarios, e segundo recalca o propio Aparicio, “unha ocasión ideal para dar a coñecer a singularidade da nosa provincia, da comarca do Ribeiro e como non do Concello de Arnoia, mediante un programa alternativo de actividades e visitas para os asistentes ao encontro.
Incide o rexedor arnoiés, que tras o impacto negativo no sector turístico-termal que tivo a pandemia, produciuse un efecto rebote que vén demostrar o gran potencial das Vilas Termais, e que o temos que aproveitar ao máximo, xa que o turismo termal, de saúde, relax, natureza etc. está en auxe. Temos que potenciar as nosas Vilas como zonas sostibles, respectuosas co medio ambiente e de calidade de vida saudable.
Desde sempre os nosos balnearios, sobre todo nos municipios rurais, axudaron a crear emprego, asentar poboación e son unha peza imprescindible na folla de roteiro do reto demográfico. Durante a celebración do encontro celebrado esta fin de semana quedou patente que as administracións supramunicipais deberían involucrarse en apoiar dunha forma máis decidida
o termalismo e aos balnearios, tal como fai hoxe en día a Diputaciòn Provincial de Ourense, referente no apoio e colaboración co sector turístico-termal. “Importantísimo sería que o Ministerio de Sanidade incluíse os tratamentos termais na súa carteira de servizos para ser financiados pola Seguridade Social, que en moitos tipos de doenzas supoñería un importante aforro en fármacos e unha mellora substancial na saúde dos pacientes”, apuntilla Rodrigo Aparicio.
Aínda non se concretaron datas para o encontro, pero barállase a primeira quincena de Marzo de 2023 como a mellor época para levar acabo este evento nacional.

AVANTAR ACTIVIDADES