O concello do Carballiño trae o Magosto con Nano, para nenos de 1 a 3 anos

Nos próximo días terá lugar unha nova actividade para os máis pequenos enmarcada dentro do programa APEGO ao que o Concello do Carballiño se adheriu no ano 2017. Trátase dun proxecto colectivo para fortalecer o apego e o arraigo a través da lingua galega e desenvólvese ata os 6 anos.

A actividade será domingo, 6 de novembro, ás 17. 30 horas,  na sala de xuntas do Concello do Carballiño. Está destinado a familias con nenos/as de 1 a 3 ano. As prazas son limitadas  (25 máximo). Para asistir deben anotarse en: snl@carballino.gal ou no tef.: 662197665.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para familias que agardan a chegada dun fillo/a, se vides coñecer o programa  teñen, un agasallo de benvida con materiais e recursos moi útiles.