O Partido Galego celebrou o seu Congreso Nacional no centro de Galicia

Este fin de seman O PG celebra o seu Congreso Nacional no centro xeográfico de
Galicia cos slogans de “Política Útil” e “ Galicia no Centro”

Neste Congreso aprobáronse os documentos políticos e orgánicos. Cabe destacar dous deles:

AVANTAR ACTIVIDADES
  • Tese Política, como documento de referencia ideolóxica, onde se desenvolve o posicionamento
    político do partido nos diferentes ámbitos, que serve a maiores de identificar os eixos principais das accións políticas en función da relevancia para Galicia, tamén como guía para abordar nas vindeiras municipais os programas electorais, sobre temas que superan o ámbito propiamente do concello, como son o transporte público, os servizos sanitarios, a educación, as telecomunicacións, a rede viaria, as políticas medioambientais ou as diferentes problemática que afectan ao rural.
  • Liña Estratéxica, onde un dos principais obxectivos é a presentación de candidaturas nas principais cidades e concellos de Galicia. A posibilidade da presentación de candidaturas nas 7 principais cidades confirma a potencia e simpatía política que está acollendo o PG entre a cidadanía. O galeguismo impreso no adn do PG, sirve como elemento catalizador de vontades políticas doutras forzas de identidade galega que demostraron a súa simpatía coa presenza de cada un seu representante; por parte de Converxencia 21, de Coalición Galega e de Espazo Común.
    Tamén se elixiron os dous máximos órganos de dirección do partido, o Consello Nacional e a Executiva Nacional conformados por 12 persoas, entre as que están o Presidente e o Secretario Xeral

Membros electos no Consello Nacional:

  • ALMOZARA CORDEIRO Mª MONTSERRAT (Executiva Nacional)
  • ARES GOMEZ XESUS (Executiva Nacional)
  • CASAIS MONTEMUIÑO OSCAR DAVID
  • DIAZ RODRIGUEZ JOSE ANTONIO (Executiva Nacional)
  • ESTEVEZ FONTENLA BEATRIZ C. (Executiva Nacional)
  • FILGUEIRA GONZALEZ ALVARO (Executiva Nacional)
  • LOPEZ FERNANDEZ XOSE ANTON
  • MOSQUERA CASERO JOSE (Presidencia)
  • PEROL UZAL JOSE RAMON
  • ROZAS NEIRA JUAN JESUS
  • VAZQUEZ FERREIRO MARCIAL
  • VAZQUEZ SALVADO MAXIMINO (Secretaría Xeral)

O Secretario Xeral Maximino Vázquez (Maxi) empresario e veciño de Santiago, expuxo que non vai acorrer si non a dar pasos firmes e sólidos. Asume que e unha honra pqero tamén un reto e unha responsabilidade, pero a sua labor vai a ser fortalecer o partido.
Decia Castelao que a loita dos partidos son as ideas nobles e leais que sirven para fotalecer o progreso e iso e o que queremos, que o nosos pais progrese.
O PG pensa que para que Galiza poda millorar a un ritmo maior e temos a óptica que desde unha centralidade poitica baseado nun galeguismo moderado, integrador, conciliador, se pode millorar a vida da ciudadania galega.
O PG busca cambios desde a conciliación e sabendo o que e bo e o que e malo.
Asumo obxetivos como tratar de fortalecer e consolidar o partido e convertilo nun referente que defenda os nosos intereses económicos e culturais.
Precisamos moita xenerosidade e facer unha concentración parcelaria do galeguismo do pais con altura de miras para que estean representados o noso pais e os nosos dereitos sean respetados no estado español. Non queremos unha situación supremacista pero tampouco queremos inferioridade sinon igualdade para defender os nosos deritos igual que o resto dos pobos de Espña, Europa ou do resto do mundo.
En Galicia nos temos claro que somo un pobo que interactúa , que como dixo Celso Emilio Ferrreiro somos un pobo pequeno que non ten fronteiras.
Somos un partido europeista que no se pecha a nada. Pensamos que a política necesita un estado de madurez que a día de hoxe non ten.
Entendemos que hay un espazo político que tense que ocupar, que debemos ser quén o lidere e estar dispostos a pactar con partidos, non extremistas, que aporten valor na nosa ciudadania.
Seremos firmes na defensa dos nosos intereses e non a perder o sentido da realidade.

O Presidente Xosé Mosquera, Profesor de dereito constitucional, puxo de manifesto impulsar un crecemento sosegado , tranquilo pero sin pausa co obxetivo de construir eso que algusns din, que a min gustame a medias decilo, pero que se pode decir que e o PNV Galego, que nunca existeo pero que algún día ten que existir.
Deixamos esto e centremonos en costruir o PG asentado no galeguismo e no europeismo, a duas señas imborrables do partido.
O galegusimo galego xa tuvo voz propia cun facho de elemntos galegos hasta que algo, que alguns aplauden pero que eo non porque explico derito constitucional. Polo tanto eo non podo aplaudir que alguén se levante contra o orden constitucional.
Eso pasou e desapareceu ese facho de galegusimo e tiveron que marchar a díaspora por ahí adiante por causa de quen queria impoñer a sua razón ca forza das armas, elementos que son a antitese da democracia.
Eo neso non creo porque e a antitese dun sistema politico, e ainada hai alguén que jalea eso, pero por ahí non se vai a ningunha parte, soio o desatre.
O PG evidentemente situa a galiza e a todos os galegos no centro da sua acción política. No hay outro obxetivo.
Ainda hai unha Galiza interior viva, que da rendimento, e de comer a moitos galegos.
No PG poden estar todos os galegos, desde Inditex ou Estrella de Galicia, sectores productivos, autonómos, e traballadores de todlos sectoes: servicios, construcción, agro, mar, etc. porque todos somos galegos e formamos Galiza.
Calquera visión de Galicia que non teña en conta esta pluralidade que existe na sociedade, e precisamente unha visión cativa ou reducida.
Pois nos arrancamos con este facho de cara aque este non pare de medrar, para quye os galegos vexan que hai alguén que ten a mentalidade de sumalos a todos e conseguir un proxecto común de Galiza entre todos.
En Galiza no marco español , da Unión Europea e mirando cara o Sur, cara a Portugal.
Nos non vamoa a estar nas liortas de fume, de espuma ou de outro tipo. Pretendemos aumentar os servicios públicos da sanidade, educativos e sociais, especialmente no rural, porque algún houvo que os quixo quitar.
Hai unha cousa que e importante decir e é que algíus fan o filtreo de discutir tú más, yo memos, pero todos sabemos que pactaron unha estructura mais grande para o estado español cuns costes que son excesivos, e decir, e aqueles que estan na economia productiva teñan que soportalos, pero nos imos apostar por reducir esos costes improductivos porqiue asi a sociedade retrocede.
E Finalizou o congreso con dez resolucions entre as que destacamos: O Congreso Costituinte do PG insta a o goberno español que o Eixo Atlantico ferroviario conecte Portugal con Francia pasando por Galicia, sendo esta unha das principais vias de explotacion de mercadorias e un dos corredores ferroviarios da peninsula
con maior densidade poblacional, ou tamen que insta ao goberno galego a apostar no so pola instalación sustentable de enerxias renovables no nos pais, senon a apostar pola industria das enerxias renovables para sermos nós os líderes europeos de I+D+I nesa enerxias. E necesario e fundamental toda vez que os combustibles fósiles estan chegando a sua fin, que Galicia carece deles e que só as renovables contribúen a frear o quencemento global.