A reforma laboral e o teletraballo serán obxecto de análise práctica na CEO

Mañá martes celébrase unha nova xornada colaborativa entre a CEO e Vento Avogados e Asesores, nesta ocasión para abordar a reforma laboral e o teletraballo por mor das modificacións que experimentaron estes temas nos últimos meses. Expertos do despacho de Vento analizarán, desde un punto de vista práctico, cuestións como os tipos de contratacións, modificacións en canto a convenios colectivos de aplicación, a situación actual dos ERTE e o mecanismo REDE, entre outros asuntos.

Estas conferencias que a CEO e Vento Avogados iniciaron relativas a temáticas sobre a actualidade das relacións laborais son froito dun acordo de colaboración entre a consellería de Emprego e Igualdade e as organizacións empresariais e sindicais para impulsar o diálogo social e os acordos desenvolvidos no exercicio deste diálogo. Cuestións como a desconexión dixital, a videovixilancia e monitorización GPS, ou o whatsapp e as redes sociais serán tamén obxecto de análise neste ciclo de conferencias que continuarán en datas do mes de novembro.

AVANTAR ACTIVIDADES

Xornada: Cuestións prácticas sobre a reforma laboral e o teletraballo
Lugar – Salón de actos da CEO
Data – martes, 25 de outubro de 2022
Hora – 9:30 horas
Participantes –

  • Marisol Nóvoa – presidenta da CEO
  • Catarina Capeans – socia responsable da área de Dereito Laboral de Vento Avogados & Asesores
  • Pablo Guntiñas – avogado en Vento Avogados & Asesores especializado en dereito laboral e emprego público

Calendario e temática de próximas xornadas
4/11/2022 – Videovixilancia, monitorización GPS
18/11/2022 – Whatsapp e redes sociais