A Xunta unificará os servizos autonómicos no Centro Comarcal do Carballiño

A Xunta de Galicia centralizará os servizos autonómicos cos que conta no Carballiño nunha única edificación, que será o actual Centro Comarcal, ubicado na zona do Cornuval, ás aforas do núcleo urbán. Este cambio farase efectivo a partir do próximo ano 2023. Este edificio xa é de titularidade autonómica e foi ocupado ca Oficina Agraria uns anos atrás.

A Xunta de Galicia acometerá as melloras necesarias para este cambio. Trasladarase a esta nova ubicación a Oficina de Emprego do Servizo Público de Emprego, que se atopa actualmente na rúa Otero Pedrayo. Tamén, aínda que nova creación, albergará o Polo de Emprendemento impulsado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, un novo modelo para contribuír ó dinamismo laboral ofrecendo servizos de información e asesoramento para o emprendemento de forma personalizada e adaptada ó territorio.

AVANTAR ACTIVIDADES