Hoxe martes sorteo en directo dos premios da campaña “Mercar no teu comercio ten premio” en Ribadavia

Hoxe martes 25 sorteo en directo dos premios da campaña “Mercar no teu comercio ten premio” en Ribadavia, que terá lugar ás 13.00 horas, na Rúa Salgado Moscoso, xunto antigo Banco Santander, salvo que as inclemencias meteorolóxicas o impidan. Notificarase o novo lugar nas redes sociais da Federación de Comercio de Ourense, ou ben na propia ubicación inicial para todos os que se acheguen.
O evento celébrase entre as 11.00 e as 13.00 hs. Dúas horas nas que poderán
canxearse os tickets das compras realizadas durante as datas de duración da
campaña (do 19 ao 25 de outubro neste caso) polos boletos para participar no sorteo
en directo de 900 euros repartidos en 2 tarxetas prepago de 300 e 6 de 50 euros.
Estas tarxetas deberán ser empregadas polos gañadores en novas compras no
comercio de proximidade local.
“Mercar no teu comercio ten premio” é unha iniciativa de promoción do
comercio de proximidade galego, organizada pola Federación de Comercio de
Ourense, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e
Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, coa
colaboración neste caso do Centro Comercial Aberto Ourense Centro.
Así, todos os clientes de Ribadavia que realizaran compras no comercio de
proximidade entre as datas sinaladas, poden participar no sorteo en directo destes 900
euros en premios. Este sorteo contará coa presencia de representantes das entidades
organizadoras, entre eles a presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz
Gómez Valcárcel, o presidente do CCA Ribeiro, Raúl Mato, a alcaldesa de Ribadavia,
Noelia Rodríguez e o tenente alcalde, Brais Fidalgo.