Manuel Baltar demanda que os Orzamentos Xerais do Estado atendan as emendas realizadas desde o municipalismo

O presidente da Deputación participou esta mañá na Xunta de Goberno da FEMP, celebrada en Vigo

Manuel Baltar expón a necesidade de reforzar o enfoque municipal nas contas deseñadas polo Goberno para poder atender as demandas dos veciños na actual crise económica

AVANTAR ACTIVIDADES

Reivindica como contraposición o traballo realizado polos concellos e deputacións, situando como exemplo á Deputación de Ourense: “En cada conxuntura complicada queda demostrada a potencia dos gobernos locais e intermedios deseñando e executando plans de investimento social e de cooperación co tecido asociativo e empresarial”

O presidente do goberno provincial tamén pide axilizar a chegada dos fondos europeos: “Pese ao gran traballo de base realizado por administracións como a propia Deputación de Ourense para a captación destes fondos, preocúpanos que España desaproveita esta oportunidade de avanzar en cuestións tan importantes para nós como o equilibrio territorial”

Ourense, 25 de outubro de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou esta mañá en Vigo na Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

Unha reunión na que alcaldes e presidentes de deputación recalcaron a necesidade de que os Orzamentos Xerais do Estado (PGE) atendan as emendas realizadas desde o municipalismo. “Esta é unha cuestión verdadeiramente clave, porque o que está encima da mesa é atender as demandas da cidadanía, de millóns de españois e de tantas administracións locais con graves tensións nas súas tesourerías derivadas da inflación e a alza de prezos”, expón Manuel Baltar.

O presidente da Deputación pon como exemplo o traballo realizado desde a propia FEMP deseñando unhas emendas aos PGE enfocadas en “reorientar as contas” cara aos veciños: “O consenso logrado entre os grupos políticos presentes na Federación, superando as lóxicas partidistas, demostran a eficacia da propia Federación e do traballo en rede. A política é exactamente isto, sumar para multiplicar. E é unha apelación directa á coalición que apoia ao Goberno central”.

Manuel Baltar reivindica como contraposición o traballo que están a realizar os concellos e as deputacións #ante a actual crise económica: “En cada conxuntura complicada, como xa sucedeu na pandemia, queda demostrado a potencia dos gobernos locais e intermedios no deseño e execución de novos plans de investimento social e de cooperación co tecido asociativo e empresarial de cada territorio. Somos sempre os seus mellores aliados, nas duras e nas maduras”.

Neste sentido, valora Manuel Baltar, é “paradigmática a folla de roteiro desenvolvido pola Deputación de Ourense, cos nosos programas de apoio ao emprego, ao emprendemento ou aos autónomos, xunto ás liñas de colaboración abertas con asociacións e cos propios concellos. Un apoio estratéxico, ben inserido no noso Plan de Mandato e que se verá reforzado nos orzamentos do 2023 #ante as actuais incertezas que nos rodean”.

Chegada dos fondos europeos

Manuel Baltar tamén se sumou esta mañá en Vigo ao toque de atención de alcaldes e presidentes de gobernos provinciais sobre a execución de fondos europeos: “Pese ao enorme esforzo realizado polas administracións locais e intermedias no deseño de plans de captación de fondos comunitarios, onde Ourense é tamén referencia como demostra a máxima valoración de programas como o AcelerOU, é moi preocupante o baixo nivel de execución destas partidas por parte do Goberno central”.

O presidente da Deputación apela á reformulación da xestión dos fondos por parte do Estado, para evitar “desaproveitar esta oportunidade e avanzar en cuestións tan imprescindibles para Ourense como o equilibrio territorial e a cuestión demográfica”.

Outras cuestións tratadas esta mañá en Vigo

A Xunta de Goberno da FEMP acordou esta mañá solicitar ao Goberno central un aprazamento para a obrigación das cidades de establecer Zonas de Baixas Emisións. Tamén se analizou a posibilidade de solicitar axudas para dar cobertura aos incrementos retributivos dos funcionarios públicos, e lembrouse novamente a compensación pendente pola perda recadatoria do Imposto sobre o Incremento do valor dos terreos de natureza urbana.