Minuto de silencio en memoria do estudante falecido no IES Julio Prieto Nespereira

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, acompañado por representantes dos grupos políticos presentes na Corporación e traballadores da administración provincial gardaron esta mañá na entrada do Pazo Provincial un minuto de silencio en memoria do estudante falecido onte no IES Julio Prieto Nespereira. O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e o delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, sumáronse ao acto de condolencia e solidariedade coa familia e a comunidade educativa.