Na madrugada de mañá sábado, debemos atrasar o reloxo unha hora, ó horario de inverno

O último cambio de hora de 2022 chega esta fin de semana. Como é habitual en España, a última fin de semana de outubro cambia a hora para entrar no horario de inverno.

O cambio horario realizarase de madrugada do sábado 29 ao domingo 30 de outubro. Deste xeito, ás 03:00 da mañá teremos que atrasar os reloxos para que marquen as 02:00 horas. Así, o domingo terás unha hora máis.

AVANTAR ACTIVIDADES

A partir dese domingo 30 de outubro, o amencer e o solpor serán máis cedo. Un cambio horario que se levará a cabo en todos os países da Unión Europea co obxectivo de aproveitar a luz natural durante o horario laboral, aínda que esta medida ten cada vez máis detractores.