O CCA do Carballiño prepara varias sorpresas para celebrar Halloween o próximo luns

O Centro Comercial Aberto organiza unha serie de actividades para celebrar Halloween. O luns 31 de outubro de 17:00 a 20:00 horas na Praza Maior, presenta o recibo dunha compra realizada do 25 ao 31 deste mes nun establecemento asociado, ven disfrazado e fai A TÚA FOTO IMPRESA!!

Entra e negocia o teu TRUCO OU TRATO nos establecementos adscritos á campaña e gañarás doces.

AVANTAR ACTIVIDADES

E tamén haberá sorteos de 4 VALES DE COMPRA de 25€ cada un.

Envía unha foto do teu recibo de compra feito do 25 de outubro ao 1 de novembro ao noso correo electrónico carballinocca@gmail.com e podes ser ti o afortunado.

O SORTEO celebrarase o día 02/11 ás 12:00 horas nas nosas redes sociais.