Celebración da IV Xornada Técnica Monográfica do Porco Celta en Galicia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

. Logo de dous anos de parón pola pandemia, a Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel) retomará o sábado 26 de novembro, en horario de mañá no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, a celebración da súa sesión formativa sobre o Porco Celta en Galicia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Trátase da cuarta edición desta xornada que, desta volta, estará presentada polo xornalista da Televisión de Galicia Manuel Cruz. Nela contarase coas exposicións de catro relatores: Guillermo Ramis (director do departamento de Produción Animal da Facultade de Veterinaria da UM), Marta Bruguera (veterinaria responsable do servizo técnico de porcino de Agrifirm España), Francesc Accensi (profesor do departamento de Sanidade e Anatomía Animais da Facultade de Veterinaria da UAB e investigador do Centro de Recerca en Sanitat Animal) e José Manuel Ferreiro (xefe do Servizo Territorial do FOGGA en Lugo).

Entre os temas centrais do programa atópanse as especificidades da nova PAC para as granxas de Porco Celta, a evolución e a situación actual da Peste Porcina Africana, as claves sanitarias e de alimentación para un correcto manexo desta raza e a influencia da xenética nas enfermidades emerxentes e reemerxentes aparecidas nos últimos anos en razas minoritarias como o Porco Celta.

Ao remate das sesións, haberá no mesmo Pazo de Feiras e Congresos un xantar de traballo ao que están convidados todos os asistentes.

A asistencia é de balde para todo o mundo, pero é necesario realizar inscrición previa. As persoas interesadas en asistir pódense anotar chamando ao 982 226 252 antes do 24 de novembro ás 14:00 horas.