Paso adiante para o novo centro de saúde de Boborás: sanidade encomenda á axencia galega de ifraestruturas o inicio da contratación

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a encomenda de xestión da Consellería de Sanidade a Axencia Galega de Infraestruturas  para o inicio da contratación da redacción do proxecto do novo Centro de Saúde de Boborás.

As actividades que vai realizar a Axencia Galega de Infraestruturas son a dirección da redacción do proxecto con base no Plan funcional redactado polo Servizo Galego de Saúde, así como a supervisión e aprobación técnica do proxecto. Realizar os actos e negocios xurídicos propios da preparación, selección de contratista, adxudicación e execución dos contratos que sexan precisos. Asumir a función de responsable do contrato e convocar o Servizo Galego de Saúde para que designe unha persoa representante, que asistirá ao acto de recepción das obras.

AVANTAR ACTIVIDADES