Comunicado de prensa do PsdeG de Leiro

Ante as manifestacións vertidas polo señor Alcalde de Leiro relativas á solicitude de información sobre as obras do campo de futbol, por parte do concejal socialista e tendo en conta as palabras do presidente do P.P ,o señor Alberto Núñez Feijoo que di “ a materia prima da democracia é a VERDADE”, pasamos contrastar as mentiras e manipulacións do señor Alcalde fronte aos feitos e documentos oficiais que o alcalde, como Senador ,membro do poder lexislativo deste país, prefire omitir á vez que incumpre a lei de trasparencia.

En primeiro lugar os veciños de Leiro deben saber que o concejal socialista non presento denuncia algunha na Confederación Hidrográfica Miño Sil. , pois é a C.H.M.S a que a pedimento da solicitude de información por parte do concejal abre expediente  para contestar á esta solicitude.

AVANTAR ACTIVIDADES

Como consecuencia do expediente inicial, a C.H.M.S descobre que nas obras do campo de futbol, máis en concreto na instalación da bancada, danse irregularidades polas cales en función das súas competencias vese obrigada a abrir expediente sancionador.

A solicitude de información, por parte do concejal socialista, vese motivada pola negativa do señor Alcalde a non facilitarlle información sobre a obra do campo de futbol, dentro da súa función fiscalizadora da xestión do equipo de goberno, negativa moi habitual por parte do señor Alcalde, ao momento de que na actualidade e por este motivo a Valedora do Pobo xa leva realizados dous requirimentos ao concello que aínda non foron contestados o Alcalde.

O concello de Leiro, en particular o seu Alcalde, despois de case tres décadas de goberno, pretendeu omitir que os terreos do campo de futbol estaban afectados de sempre polas crecidas do rio Avia, razón pola cal o peche do campo é vexetal e non de bloques como adoita ser habitual nestes casos.

No proxecto técnico elaborado polo concello, os técnicos aconsellaban a substitución da actual bancada  móbil, aberta e de dez metros de longo por unha de formigón prefabricado, fixa e de doce metros de longo. En ningún caso os técnicos afirmaron, como dixo o Alcalde e así trasladar a responsabilidade aos técnicos nos medios de comunicación, que para a substitución dunha bancada por outra non fose necesario solicitar permiso á C.H.M.S. por estar afectado o campo de futbol ao ser zona inundable  segundo a documentación oficial.

Así pois non houbo denuncia, os técnicos do proxecto non son responsables de non solicitar permiso á C.H.M.S., sempre se soubo  que a zona é inundable, a bancada primitiva era como era por estar en zona inundable, que nove mil euros máis I.V.A que  custou a bancada estean en perigo, non é culpa do concejal socialista e o único responsable para todos os efectos na execución do proxecto é o señor Alcalde  segundo a documentación oficial do convenio e ante a Xunta de Galicia que financio 60.000,00 €  dos 65.000,00€ primeiros.

En segundo lugar, o señor Alcalde non di a verdade e mente cando manifesta que a zona non era inundable cando se cambia a bancada, pois o peche do campo como xa probamos está adaptado ás crecidas do rio Avia e oficialmente os terreos do campo figuran dentro da zona inundable ao seu paso polo centro de Leiro segundo a documentación da C.H.M.S. desde moito antes á construción da bancada. É dicir, todo indica que o señor Alcalde e Senador incumpriu a lei a propósito de que a incumpría.

En terceiro lugar, os veciños de Leiro deben saber que as irresponsabilidades na xestión do Alcalde e o seu equipo de goberno, que sempre enmascaro coa obtención de subvencións da Xunta de Galicia, é a razón pola que a lei de Trasparencia no concello brilla pola súa ausencia.

Hai xa uns anos que o partido socialista, ante a actitude de gran hacedor e xestor como se vendía  do señor Alcalde nos medios de comunicación, decidiu iniciar a tarefa de fiscalizar a súa xestión, resultando  sorprendente descubrir  a gran habilidade deste para vender verdadeiros fracasos na súa xestión que se tapaban con diñeiro de todos como grandes éxitos .

A ausencia de resposta ao Valedor do Pobo, a sanción da C.H.M.S., o feito de que no 2022 lle Consello de Contas de Galicia contemple a fiscalización da xestión da Mancomunidade do Ribeiro da que é Presidente e como consecuencia de negar publicamente pola súa banda as anomalías na xestión da Mancomunidade denunciadas polos socialistas no período 2017/2021.

Estas e outras xestións, como a xestión privatizada do servizo integral da auga de Leiro, están a ser fiscalizadas polos socialistas desde o 2019 a pesar da obstrución do señor Alcalde, pois estamos a detectar un autentico malgasto de diñeiro público do concello e da Xunta de Galicia así como unha pésima xestión das elevadas taxas do servizo municipal da auga  que salguen do peto dos veciños de Leiro.