As flores, grandes protagonistas do Día de Defuntos

O primeiro de novembro é coñecido como Día de tódolos santos ou día de defuntos. Nesta data é tradición levar flores ós cemiterios, en homenaxe ós seres queridos que xa faleceron. Durante os últimos días, as florerías do Carballiño tiveron un intenso traballo para poder estar a disposición da clientela. Hoxe visitamos unha delas, Arual Events, onde tamén destacaron o incremento de ventas con respecto ás campañas en pandemia.

As flores para esta data dependen moito dos gustos, aínda que os crisantemos son as máis tradicionais, e as que xa levan días reinando nos cemiterios, e moitas delas farano mañá.

AVANTAR ACTIVIDADES