O veciños da Barronca, na rúa da Caridade, un ano máis puxeron a súa aportación con decoración para celebrar Halloween. Coma sempre, feito por eles mesmos, e ca finalidade de animar as rúas nestas datas.
E tamén para celebrar Halloween, o Centro Comercial Aberto instalou esta tarde un photocall con sorpresas para todos, ademais de animar a xogar o Truco o Trato e conseguir caramelos en máis de 50 comercios.
Ademais, o mércores, ás 12:00 horas, a través das súas redes sociais, celebrarán un sorteo de catro vales de compra de 25 euros cada un. Para entrar no sorteo teñen que enviar unha foto dun ticket de compra realizado entre o 25 e o día 1 ó correo electrónico carballinocca@gmail.com.