O Partido Popular reclama vía emendas, 74,2 millóns de euros máis para Ourense nos orzamentos xerais do Estado de 2023

A través de 30 emendas deseñadas para “corrixir o agravio e o trato discriminatorio coa provincia” do Goberno de Pedro Sánchez

As iniciativas presentadas buscan, entre outrasliñas de actuación, impulsar as autovías A-76 e A-56 completamente adiadas polo Goberno de Pedro Sánchez

AVANTAR ACTIVIDADES

·          Os deputados populares tamén reclaman importantes partidas para impulsar decididamente a totalidade da variante exterior ferroviaria e para as tan necesarias obras na estación de Alta Velocidade de Ourense

Os deputados do Partido Popular de Ourense no Congreso, Ana Vázquez, e Celso Delgado, deron a coñecer este domingo o contido das 30 emendas presentadas contra os orzamentos xerais do Estado para 2023 destinados á provincia, e que supoñen un incremento de 74,2 millóns de euros “para corrixir o agravio e o trato discriminatorio para con Ourense do Goberno de Pedro Sánchez”.

Van na procura dun maior investimento na provincia, onde o Goberno central só consignou no proxecto de contas de 2023, a suma de 194,46 millóns de euros, notoriamente inferiores aos 414,72 millóns dos orzamentos de 2018 aprobados polo Goberno de Mariano Rajoy.

Un paquete de medidas que forman parte das máis de 2.300 emendas parciais que o grupo parlamentario popular rexistrou aos orzamentos xerais e que “van na dirección que necesita España para a súareactivación económica”, segundo resaltaron os deputados populares.