Este xoves actividade da A.C Avantar: ” Cidades que camiñan “

A Agrupación cultural Avantar inicia a programación dunha xeira de actividades ao longo do tempo, baixo o lema “Avantar coa nosa xente”.

Para empezar pareceunos importante a temática de “cidades que camiñan”. O tratar de facer cidades e vilas máis humanas, sen barreiras arquitectónicas, ao servizo da cidadanía, respectando o medio ambiente e procurando un entorno sostible, semella labor importante na que os gobernantes  e os cidadáns deberamos poñer o noso empeño e o noso traballo. Está é a razón de programar dita actividade.

AVANTAR ACTIVIDADES

Na palestra, que terá lugar o xoves 3 de Novembro, ás 20:30 na casa da cultura do Carballiño, intervirán:

Xulio Álvarez Crespo en calidade de voceiro da A.C. Avantar, fará  a presentación da actividade.

Xosé Castro Iglesias, arquitecto técnico no concello de Tui.  Fará unha introdución e descrición do Plan Agora, plan que  ten como obxectivo  conseguir que os concellos incrementen de xeito substancial  o espazo reservado as persoas e itinerarios peonís .

Carmen da Silva Méndez: voceira do BNG no Concello de Pontevedra. Levará a cabo o relatorio e información respecto da rede “Cidades que Camiñan”