Marina Ortega reclámalle á Xunta que “estea á altura” na defensa dos dereitos dos maiores, así como nas políticas para o impulso laboral da mocidade

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, reclamoulle hoxe ao goberno galego que “estea á altura” na defensa dos dereitos das persoas maiores, así como políticas dirixidas ao impulso laboral da mocidade. Así o dixo na comparecencia da secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social para presentar os Orzamentos deste departamento para o ano 2023.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Reivindicou unha actitude decidida do goberno galego para garantir o impulso laboral da mocidade, mentres acusou ao goberno galego “non fai nada” mentres unha xeración enteira vese obrigada a emigrar na busca de traballo. Ademais, alertou de que os equipos técnicos que traballan con menores en risco de desamparo “agonizan” pola falla de persoal, obrigados a traballar tan só nos casos urxentes e “deixar aparcados expedientes de menores en risco”.

Ortega reclamou “medidas extraordinarias” para despregar o paraugas de protección social para as persoas con máis dificultades fronte á crise provocada en primeiro lugar pola covid e despois pola invasión de Ucraína e a suba de prezos da enerxía. Sinalou que “para loitar contra a aporofobia social non é suficiente dotar de cartos e capital”, senón que reclamou “fuxir do asistencialismo” e “blindar dereitos e protexer sobre todo aos menores”.

Lembrou que Galicia segue a estar pendente de que o goberno galego presente o novo modelo de atención ás persoas dependentes e con discapacidade, mentres a Xunta é un dos gobernos que menos invisten na Dependencia de España. Advertiu que “algo non vai ben e non queren corrixir”, mentres Galicia pasa a ser unha das autonomías con maior número de prazas privadas nas residencias de maiores e das que conta cun menor número de inspectores.

Criticou a falla de interese do goberno galego polo reforzo do Servizo de Axuda ao Fogar, cando deciden aumentar as horas de atención pero obrigan aos concellos galegos a asumir esta axuda sen concederlles os recursos necesarios para afrontar estas obrigas impostas polo goberno galego.

Tarxeta Básica

A parlamentaria socialista reivindicou a recuperación da tarxeta básica, que supón un investimento de apenas 34 millóns de euros cos que permite a 75.000 galegos e galegas acceder a produtos básicos de supermercado, hixiene e farmacia. Lembrou que de acordo coa Rede Galega contra a Pobreza, hoxe hai 678.000 galegos e galegas en situación de pobreza, unha situación que se agrava ano a ano, afectando especialmente ás mulleres e ao 34 por cento dos menores.

Alertou fronte a esta situación “sen precedentes” agravada pola crise de prezos provocada pola invasión de Ucraína, e advertiu que “cando veñen mal dadas o goberno dende de estar preparado para tomar decisións” e “ter valentía”. O caso contrario dunha Xunta que, dixo, “demostra carecer da capacidade de adaptación que as circunstancias requiren”, e responde á situación crítica “sen medidas excepcionais adaptadas á realidade e con falla de coordinación entre consellerías”.

Salientou ademais a falla de execución das partidas que figuran nos orzamentos da Consellería, que reduciu sinaladamente as partidas destinadas ao apoio ás persoas con máis dificultades ou o servizo de atención a persoas maiores e con discapacidade.