A Ruta das Tapas ofrece este venres pratos terroríficos para celebrar o Samaín

Esta mañá tivo lugar a presentación dunha nova edición da Ruta das Tapas, nun dos 13 locais hostaleiros que participan na iniciativa. Esta nova edición comezará este venres, día 4, adicada ó Samaín e trae consigo novidades con respecto ós premios deste ano.

Precisamente estes dous premios veñen da man dos dous novos patrocinadores, que contribúen a facer posible este evento: Estrella Galicia e a Asociación de Pulpeiros do Carballiño e Arcos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende o Centro Comercial Aberto, a xerente Noelia Mares, anunciou que a aplicación “Quedamos de tapas” non estará dispoñible ata o mes de decembro. Aínda así, convida a todos a desfrutar dos venres de tapas.

A xornada deste venres chegará ademais con moitas actividades, entre as que destaca a Pasaxe do Terror que estará instalada na Pista Vermella, para adultos e nenos e ambientación musical de rúa. 

Tamén aproveitaron a xornada de hoxe para facer o sorteo da viaxe a Braga da edición pasada, cuxo gañador foi Roberto M.G.