O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle mañá a primeira das actividades do Ciclo Cata a Arte

Mañá xoves, en horario de 20.00 a 22.00 horas, terá lugar nunha das salas do centro cultural ourensán a presentación e cata do viño Catro Parroquias Treixadura da man de Bodegas Loeda (Sampaio – Ribadavia). Esta será a primeira actividade do Ciclo Cata e Arte, da Denominación de Orixe Ribeiro.

E estará harmonizado cun concerto de Los Limones, mítica banda de pop a nivel nacional, liderada por Santi Santos, formada en Ferrol con 19 discos publicados. Ofrecerán un directo súper animado con temas moi coñecidos e pegadizos (Te voy siguiendo, Ferrol, Trenes sin destino, Hacia algún lugar, Canto de una sirena, entre outros)… Ao longo da sua carreira músical hai que destacar colaboracións en moitos traballos con Antonio Vega, Cómplices…

AVANTAR ACTIVIDADES

O aforo estará limitado a 100 personas por xornada, e as prazas serán cubertas por orde de retirada das entradas de forma presencial no propio Centro Cultural dende o luns anterior a cada evento.

As catas nuevamente terán un carácter solidario. Nesta ocasión serán a favor da Asociación Ourensana de Esclerosis Múltiple, Párkinson y Enfermedades Raras (AODEMPER), polo que, nesta oitava edición, os asistentes poderán dar un donativo a favor de esta organización sin ánimo de lucro.