O servizo “Coidados Porta a Porta” visitará varios concellos do Ribeiro nos próximos días

O servizo Coidados Porta a Porta posto en marcha pola Xunta de Galicia estará nos vindeiros días na contorna. O xoves e venres, estará en Cenlle e Beade; o luns estará en Cenlle e Arnoia; e o martes, mércores e xoves, Castrelo de Miño e Arnoia.

Ofrece servizos asistenciais gratuítos  para todas as persoas maiores de 55 anos. Entre os servizos está a estimulación da memoria, onde un profesional realizará unha valoración cognitiva; servizo de audioloxía con valoración e exploración e podoloxía cunha consulta básica.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os profesionais que dan consulta neste servizo nos últimos meses destacan o bo trato recibido por parte da xente. Este programa remóntase o ano 2019 cando se puxo en marcha, e grazas á boa acollida, neste ano incrementáronse a oito as unidades móbiles e estará en todos os concellos galegos.

Para acceder a este servizo será necesario pedir cita previa teléfonos 622 748 283 – 623 546 992 o en el correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.