O Cine Club empeza este mes de novembro cunha moi boa nova, xa que estreaneste venres día 4 un novo canón proxector que vén de ser instalado polo concello do Carballiño no Auditorio Manuel María. Moito máis potente que o que tiñan, e cren que vai mellorar as proxeccións en canto a unha maior luminosidade e nitidez das mesmas.
E ademais estrearán esta novidade cunha estupenda película, a noruega “Ninjababy”, que recibiu o galardón á mellor comedia nos Premios do Cine Europeo. Os pases serán coma sempre ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 horas en VOS.