O Marcos Valcárcel acolle a inauguración da exposición “Acción Laxeiro”

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle mañá xoves, ás 19,00 horas, a inauguración da exposición itinerante “Acción Laxeiro”, no marco da celebración do Día das Artes Galegas 2022 -adicado este ano a Laxeiro-. A exposición está comisariada polo académico da sección de Artes da Imaxe Xurxo Lobato e poderá visitarse ata o 30 de novembro.

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asistirá á inauguración da exposición xunto ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén; a arquiveira – bibliotecaria da Academia Galega de Belas Artes, María Victoria Carballo – Calero e o propio Xurxo Lobato. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Laxeiro, inmerso no seu proceso creativo

A mostra “Acción Laxeiro”, organizada pola Real Academia Galega de Belas Artes en colaboración coa Xunta de Galicia, recolle tres aspectos da relación de Xosé Otero Abeledo “Laxeiro” co académico Xurxo Lobato e que amosan ao pintor de Lalín realizando a súa obra, o que engade un importante interés documental o ver o artista na súa faceta creativa.

-O proceso de realización da obra “Aparición” pintada en directo para todos os asistentes nun acto público na Galería Trinta, en Santiago o 28 de abril de 1987.

-No ano 1993, o fotógrafo retrata a Laxeiro pintando unha escaleira para publicar no libro “Galegos na escaleira” editado pola Fundación Caixa Galicia.

-Retratos de Laxeiro con Uxío Novoneyra, Jorge Castillo, Maruxa Seoane, Felipe-Senén, Abelenda, o pintor no seu estudio de Vigo.