O BNG presenta dez propostas coas sacar da parálise a provincia de Ourense na que a ten sumida o PP

.O grupo provincial do BNG, presenta unha serie de propostas para o debate do Estado da Provincia do próximo 8 de novembro. A análise está feita e todos os indicadores amosan claramente de dende fai décadas que se trata dunha provincia que devece, indica o voceiro do grupo provincial do BNG de Ourense, Bernardo Varala.  A Baixada poboacional continua dende que o PP goberna a provincia, acompañada dunha situación económica cada vez máis dependente do público (pensións, por outro lado as máis baixas do Estado e funcionariado), fan desgraciadamente da nosa unha provincia con escaso dinamismo e que semella agardar que veñan de fora a arranxarnos a casa.

                Desde o BNG entendemos que esta provincia ten futuro, ten potencialidade e ten cidadáns e empresas que están dispostas a traballar por un futuro mellor. Pero precisa urxentemente políticas que crean nesas posibilidades, que ofrezan traballo e calidade de vida para os que aquí nacen, cada vez menos por certo, e os que estén dispostos a achegarse desde outros lugares ou regresar. Para empezar apostamos pola autonomía municipal, declara Varela, o concello é a administración que mellor coñece as necesidades da súa veciñanza e o seu tecido económico e por elo debe dispor de orzamentos que lle permitan actuar sin tutelas. Así mesmo, propomos medidas de vertebración do territorio en canto a transporte público, o mantemento dos servizos públicos como a sanidade, a protección do noso medioambiente e que os nosos recursos (vento, auga, territorio,…) favorezan en primeiro lugar aos que aquí habitan.

AVANTAR ACTIVIDADES

Aproveitamos para demandar que a Deputación abra liñas económicas específicas de colaboración cos municipios en temas que entendemos de interés público e que se soliciten ao Estado medidas que permitan paliar o sobreesforzo que están a acometer os concellos en temas como o alumeado público. E que os Fondos Europeos Next Generation, cheguen efectivamente aos pequenos concellos da nosa provincia, recordemos que son 91 dos 92, e que difícilmente poden competir nestas liñas de axudas con grandes ciudades e en moitos casos as axudas que saen para concellos de menos de 20000 habitantes en liñas abertas polo goberno do Estado son pírricas e non merece a pena siquera o esforzó de presentarse.

                Entendemos desde o nacionalismo que existe esperanza, que temos futuro, pero para elo é preciso un cambio de rumbo e creer no País. E aínda que sexa complexo artellar ese cambio de modelo en 10 puntos, queremos trasladar que a xente de Ourense só precisa que se xeren postos de traballo e calidade de vida para que esta situación semicomatosa na que nos atopamos revirta. E neso deben de empregar todos os seus esforzos as administracións e a eso se ten que poner a Deputación Provincial, propiciando sinerxias co tecido económico e social da man do resto das institucións, e demandando ante as Administracións superiores o que é xusto para a provincia.