O Grupo Municipal Socialista de O Irixo ALERTA DA PERIGOSIDADE da colocación dunha marquesiña para esperar o autobús un escolar do Irixo.
Una marquesiña solicitada fai mais dun ano polos socialistas, na sesión plenaria de 28 de setembro de 2021 reiterándose nas seguintes sesións plenarias de 22 de febreiro e 27 de setembro de 2022, e colocada fai uns días.
Lamentan os socialistas que un neno do Irixo despois de esperar máis dun ano a intemperie ante o desprezo, desidia e pasividade do alcalde e o goberno municipal que non lle importou que un escolar esperase o autobús as 7.30 h. da maña chovendo e con frío, cando no Irixo sobran marquesiñas esquecidas e sen uso
Alertan de que se coloque agora a marquesiña, de calquera maneira, pousada no chan sen ningún tipo de suxeción ou anclaxe que a suxeite o chan de forma segura e garanta a seguridade do escolar do Irixo que levaba máis dun ano esperando por ela.
Unha falla de responsabilidade que pon en risco a seguridade dun menor xa que unha marquesiña pousada no chan sen anclaxes e evidente que non é segura e en calquera momento pode saír voando. Se tódolos invernos no Irixo caen os piñeiros e as arbores as estradas que non fará unha marquesiña sen ningún tipo de suxeción.
O portavoz socialista do Irixo Iago Fariñas Valiña considera unha auténtica irresponsabilidade que despois de esperar máis dun ano se coloque esta marquesiña dunha forma tan lamentable poñendo en risco a seguridade e incluso a vida dun rapaz.