Catro Parroquias inaugura ‘Cata a Arte’ en Ourense

. Bodegas Loeda deu onte o pistoletazo de saída á oitava edición do ciclo “Cata a Arte” coa presentación e degustación do seu viño branco elaborado con Treixadura, Catro Parroquias 2021, acompañada dun íntimo concerto da banda pop Los Limones, con un magnífico Santi Santos. O evento, con aforo completo, tivo lugar no primeiro andar do Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense, onde está a exposición de pintura “Metafísica do eu” de Mingos Teixeira.

Nesta oitava edición continuouse coas catas solidarias, solicitando que cada asistente colabore cun donativo dirixido integramente para Asociación Ourensana de Esclerosis Múltiple, Párkinson y Enfermedades Raras (AODEMPER), organización sen ánimo de lucro que leva dende 1996 ao carón das persoas con Esclerose Múltiple, Párkinson e Enfermedades Raras da provincia de Ourense e das súas familias. Algúns dos servizos que ofrecen son os de psicoloxía clínica, fisioterapia, logopedia, traballo social e educación social.

AVANTAR ACTIVIDADES

Viño e arte

O ciclo celebrarase durante cinco xornadas no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, dende o 3 de novembro ata o 1 de decembro con presentacións e degustacións de viños de adegas da D.O. Ribeiro e con accións culturais. O seu aforo está limitado a 100 persoas por xornada, e as prazas serán cubertas por orde de retirada dos convites de xeito presencial no Centro Cultural dende o luns anterior a cada evento.

O xoves 10 de novembro será o momento da cata de Adega Pousadoiro que presentará o seu viño branco Pousadoiro en cata vertical e tamén o viño Norte & Sur, arroupados pola música antiga con instrumentos da época como a vihuela, executada polos ourensáns Juan Vázquez e Inma Fernández. O 17 de novembro continuaremos coa cata de Viña Costeira, onde presentará varios dos seus viños acompañados dunha animada actuación musical. O 24 de novembro será o intre para a Adega Arco da Vella, onde Benito Eladio Rodríguez presentará os seus viños Torques do Castro (branco) e Tarabelo (tinto), todo elo harmonizado cun recital poético e cancións á viña e ao viño. E para rematar esta oitava edición, o broche final poñerao o 1 de decembro a Bodega Alanís, que fará unha degustación do seu viño Gran Alanís 2021 en harmonía co espectáculo “Ilusionismo Gran Reserva”, da man de Magia en la manga.

Catro Parroquias é un viño branco elaborado con Treixadura, a variedade raíña da D.O. Ribeiro da man de Bodegas Loeda. É unha adega familiar, situada en Sampaio – Ribadavia, que comezou alá polos anos 20 ata día de hoxe, pasando sempre por diversos cambios. Actualmente o propietario é Alfredo Domínguez Rodríguez.

Los Limones, mítica banda de pop a nivel nacional, liderada por Santi Santos, formada en Ferrol con 19 discos publicados ofreceron un directo súper animado con temas moi coñecidos e pegadizos (Te voy siguiendo, Ferrol, Trenes sin destino, Hacia algún lugar, Canto de una sirena, entre outros) ao longo da súa carreira músical hai que destacar colaboracións en moitos traballos con Antonio Vega, Cómplices…