Declarada de utilidade pública e interese social a aldea modelo de Cortegazas, no concello de Avión

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Publicase hoxe no DOG

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

DECRETO 187/2022, do 6 de outubro, polo que se declara de utilidade pública e
interese social a aldea modelo de Cortegazas, no concello de Avión (Ourense).

Mediante o Acordo do 23 de agosto de 2022, do Consello de Dirección da Axencia
Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), declarouse a aldea modelo de Cortegazas,
no concello de Avión (Ourense), de que se deduce a conveniencia de levar a cabo o seu
desenvolvemento e a súa declaración de utilidade pública e interese social.
A persoa titular da Dirección Xeral da Agader formulou a proposta prevista no artigo 112.1 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.
Na súa virtude, elévase por proposta da persoa titular da Consellería do Medio Rural, e
logo de deliberación do Consello da Xunta na súa reunión do día seis de outubro de dous
mil vinte e dous,
DISPOÑO:
Artigo 1. Declaración de utilidade pública e interese social
Declárase de utilidade pública e interese social a aldea modelo de Cortegazas, no concello de Avión (Ourense).
Artigo 2. Delimitación do perímetro da aldea modelo
O perímetro da aldea modelo é o que figura no documento con código de verificación
electrónica (CVE) SHLDhDIBmSW1, verificable en http://sede.xunta.gal/cve, sen prexuízo da súa posible modificación segundo o disposto no artigo 112.2.a) da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.
Artigo 3. Autorizacións
Autorízase a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para a redacción do proxecto
de ordenación produtiva da forma establecida no artigo 113 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

Autorízase a consellería con competencias en medio rural, a través da Axencia Galega
de Desenvolvemento Rural, para a execución dos procedementos de investigación da titularidade na forma prevista no artigo 19 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.
Autorízase o órgano territorial competente en materia de medio rural onde radiquen
os predios e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para a execución dos procedementos de declaración de abandono da forma establecida no capítulo I do título IV, da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.
Artigo 4. Interese público
A declaración de utilidade pública e interese social implica o recoñecemento da existencia de razóns de interese público para os efectos da aplicación da tramitación de urxencia
do procedemento e aos informes ambientais e sectoriais polos órganos autonómicos e da
Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme o establecido polo
artigo 112.3 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.
Disposición derradeira única. Eficacia
Este decreto producirá efectos o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de
Galicia.
Santiago de Compostela, seis de outubro de dous mil vinte e dous
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente