Dende mañá estarán á venda as entradas para o partido C.D. Arenteiro vs. Almería

Este próximo domingo, 13 de novembro, terá lugar no campo de Espiñedo, no Carballiño, o encontro histórico entre o C.D. Arenteiro e un equipo de primeira división, o Almería. Os verdes conseguiron chegar ata esta data logo de clasificarse na Copa Federación a nivel nacional, torneo no que finalmente chegaron á final e gañaron o seu primeiro título.

As entradas para poder desfrutar do encontro sairán á venda dende mañá mércores, na taquilla do estadio. O socios terán acceso anticipado mércores e xoves, de 10:00 horas a 13:30 horas e de 17:00 horas a 20:00 horas, cun custe de 15 euros e 10 euros para menores de idade. O venres e o sábado poderán acceder os non socios, por un custe de 30 euros e 20 euros os menores de idade.

AVANTAR ACTIVIDADES