Dende o BNG de Cenlle manifestamos que as obras que se están realizando entre a
Deputación de Ourense e o Concello, na mellora das beirarrúas na parroquia de Cenlle son un verdadeiro despropósito por varias razóns:
- A anchura recomendada para a construción das beirarrúas está entre 1,20 e 1,50
metros, polo que en varios tramos está por debaixo do esixido pola lei e noutros chega
a alcanzar os catro metros. - Isto implica que aqueles tramos nos que se acadan os catro metros a anchura da vía
para tráfico rodado redúcese a cinco metros en total, polo que nun carril de dobre
sentido non se acada o esixido de sete metros para unha vía de dobre sentido. - Isto produce un salientable desequilibrio vial, no que por tramos o tránsito peonil e o
rodado sufren colos de botella, no que que haberá tramos no que se dificulte o paso a
pé e nos que dous vehículos de grandes dimensión non poidan cotransitar. A isto
únese a carencia de evitar barreiras arquitectónicas para o tránsito de persoas con
mobilidade reducida, como son a habilitación de rampas para cadeiras de rodas ou a
eliminación de obstáculos como os paus da luz. - Cabe tamén destacar que coa realización destas obras non se están solventando
continxencias básicas como a xestión de torrentes de auga, así pois as augas pluviais
caen na rede de sumidoiros e fosas sépticas, o cal suporá indubidablemente o seu
colapso e futuros desbordes. - Este despropósito urbanístico ademáis suporá un problema para o estacionamento,
enedexamáis xestionado por este concello e que conlevará ao xa común
estacionamento de vehículos sobre vías peonís innecesariamente
sobredimensionadas