Ribadavia reforza o seu servizo de asistencia no fogar.

Un servizo municipal totalmente público que atende a case un cento de veciños.

O Concello de Ribadavia reforzará o seu Servizo de Asistencia no Fogar en consenso coas súas traballadoras, ampliando as datas do período de vacacións, e aumentando a elección das datas das traballadoras facéndoas máis flexibles e adaptadas as súas necesidades.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para elo, recordamos que o Concello abriu a Bolsa para a provisión temporal de postos de traballo de SAF o día 21 de outubro e o prazo remata o luns 14 de novembro.

O Servizo de Axuda no Fogar do Concello conta con 19 Auxiliares de Asistencia no Fogar e atendeu na actualidade a 129 usuarios/as con 18.086 horas de atención ata 31.10.22.

A atención media mensual é de 97 usuarios/as cun total de 1.810 horas/mes. O que supuxo un aumento importante respecto a 2020, cando había 86.

O concelleiro de dereitos sociais, Brais Fidalgo, destaca que o servizo foi incrementando o número de horas de atención nos últimos meses, especialmente desde o mes de agosto, para dar resposta as necesidades que demanda a poboación maior e/ou dependente do Concello de Ribadavia. Un servizo que é totalmente público, e onde as persoas usuarias teñen unhas taxas asumibles e progresivas en función da súa renda e do patrimonio.

Para Brais Fidalgo é importante destacar que o Concello de Ribadavia ten un servizo 100% público, cando outros concellos e vilas de similiares características en toda Galicia, téñeno externalizado con empresas, cuestión esta que se traduce en Ribadavia nunha mellor atención de usuarias e unha estabilidade maior das traballadoras.