Casares presenta emendas no Parlamento Europeo para reforzar a posición de Galicia nas redes transeuropeas

O eurodeputado socialista corrixe os erros cometidos pola Comisión Europea en
relación ás conexións ferroviarias galegas na proposta de regulamento das redes TEN-T
Aposta por impulsar a posición dos portos galegos en Europa

O eurodeputado socialista galego, Nicolás González Casares, vén de presentar no
Parlamento Europeo un conxunto de emendas para reforzar a posición de Galicia nas
redes transeuropeas de transportes (TEN-T).
A través dun conxunto de emendas presentadas na Comisión de Transportes do
Parlamento á proposta de Regulamento relativo ás orientacións da Unión para o
desenvolvemento da rede transeuropea de transporte, Casares busca corrixir algún
erro nos que incorreu a Comisión Europea á hora de presentar a proposta, ao tempo
que mellorar a inclusión dalgunhas liñas e portos galegos no contexto das redes TEN-T.
En concreto, a emenda sobre a conexión Santiago-Vigo-Ourense de mercadorías, que
figura na rede básica desde 2013, corrixe o erro cometido pola Comisión ao incluíla na
rede global. Mesmo caso en relación á conexión ferroviaria Santiago-Ourense de
pasaxeiros: a proposta da Comisión inclúea na rede global e a emenda volve situala
dentro da rede básica de alta velocidade, onde xa figura actualmente.
NOTA DE PRENSA nicocasares.eu
Asemade, outra emenda do eurodeputado socialista busca mellorar a posición da
conexión Vigo-Porto (tanto de pasaxeiros como de mercadorías) no contexto das
redes TEN-T, pasándoa da rede básica estendida (finalización no horizonte 2040) á
rede básica (finalización no horizonte de 2030).
Finalmente, outra emenda volve situar a conexión de mercadorías Ferrol-A Coruña na
rede básica, en troques da rede global.
Portos
Por outra banda, as emendas do eurodeputado socialista tamén apostan por reforzar a
posición dos portos galegos no contexto europeo. Concretamente, dúas emendas
volven situar os portos de Vigo e Ferrol dentro da rede básica (fronte á proposta da
Comisión de situalos na rede global), mentres que outra emenda aposta por situar o
porto de Vilagarcía de Arousa dentro da rede global (ausente na proposta do Executivo
comunitario)

AVANTAR ACTIVIDADES