Cinco creadores xúntanse no Marcos Valcárcel na exposición “Había outra vez”

O Marcos Valcárcel acolle dende esta tarde a exposición “Había outra vez”, que estará no centro cultural da Deputación ata o vindeiro 8 de xaneiro. 

A mostra, un fermoso, complexo e inédito conto de Manuel Lourenzo Gonzalez, colle título a esta exposición na que se xunta a creatividade narrativa do escritor co traballo artístico de catro creadores tan diferentes e completos como Itziar Ezquieta, Manolo Figueira, Belén Padrón e José Carlos Seoane que se xuntan nun proxecto cretivo orixinal e integrador.

AVANTAR ACTIVIDADES

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, interviu na inauguración da exposición xunto aos artistas e o director do centro cultural, Francisco González. 

Catro pintores e un escritor dan vida a unha exposición marcada pola excelencia no debuxo, o ritmo da cor, a posta en valor dos elementos máis simples e sinxelos convertidos case en obxectos de culto e a capacidade de dialogar e entenderse nun espazo limitado creadores tan diferentes.

O director do centro cultural, Francisco González, salienta “a capacidade integradora dos creadores presentes nesta mostra para ofrecer un conxunto armónico con obras de extraordinaria beleza e de gran complexidade artística”.