O pavillón Paco Chao do Carballiño acolleu esta fin de semana a quinta edición da Copa Deputación de patinaxe artística na modalidade de libre individual. Esta competición non se celebraba dende o ano 2019, a causa da pandemia.
Na Copa participaron os dous clubes da provincia con patinadores federados, o C.D. Ourela e o Club Aehde, que exerce como organizador e anfitrión e participaron medio cento de patinadores federados.
O club Aehde medra cada ano, e a organización de eventos deste tipo amosa a confianza do sector neles. Tamén o número de patinadores segue medrando, e tamén os seus éxitos, como puidemos ver na entrega de premios, na que estiveron presentes a concelleira de deportes, Silvia Baranda, e a deputada, Patricia Torres.