O Magosto reina na comarca, e tamén na Ruta das Tapas do Carballiño

IES CHAMOSO LAMAS

Fin de semana de Magostos na nosa contorna, como manda a tradición do San Martiño en Ourense. O venres celebrouse na baixada do barrio de Flores, no Carballiño, xa pola noite, da Asociación “Tradicións e buscas” e da Pepa Loba. Na programación, boa comida típica desta data e música en directo.

Tamén o venres, o Carballiño celebrou a Ruta das Tapas, que aproveitou a xornada para adicala ó Magosto e ós produtos de outono. Participaron o Grupo Cantanascroas e o Grupo Tokaide.

SPORTUR GALICIA 2022

E tamén os concellos celebraron esta data, recuperando as comidas tradicionais que estiveron paralizadas a causa da pandemia. Esta fin de semana achegámonos ata Cea, onde encheron o pavillón de deportes, con ambientación musical e moita comida: empanada, chourizo asado con pan, queique, castañas, viño e agua. Para os cativos: pizza, tortilla, queique, castañas, refresco e auga.