Resumo dun día histórico: así se viviu o primeiro encontro da Copa do Rei do Arenteiro vs. Almería

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Carballiño aínda está de resaca do día histórico que se viviu onte. O C.D. Arenteiro demostraba unha vez máis o seu potencial, gañando a un equipo de primeira división, o Almería, e regalando un novo soño pasando á segunda ronda da Copa do Rei. A tarde xa comezaba en ambiente. O equipo estaba concentrado no ApartHotel Arenteiro, onde colleron o autobús para chegar ó estadio despois da charla técnica, e o consello de Fran Justo, “desfrutar do partido”. Chegar a Espiñedo foi ata difícil. A afección esperaba ó seu
equipo, coma sempre, facendo unha festa. E o campo xa estaba cheo, longas colas de persoas enfrontábanse a unha choiva que parecía que daba unha tregua para entrar ó estadio. E chegaron os equipos. Primeiro facíao o Arenteiro, preparados para dar o mellor de sí. E poucos minutos máis tarde, chegaba o Almería. Este equipo, de primeira, tivo ademais un xesto cos verdes, facendo un pasillo ós locais antes de comezar o encontro, un xesto merecido por gañar a Copa Federación.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

E comezou o encontro, e tamén a choiva, que non deu un minuto de descanso. E apenas 3 minutos do pitido inicial chegaba o primeiro gol do Arenteiro, e o estadio revolucionouse co tanto de Antón Escobar. Primeira parte dun encontro no que o Almería non estaba cómodo, e apenas tivo oportunidades. E chegou a segunda parte, sen
novidades para os visitantes, que tras varias ocasións non conseguían anotar. No 78, un saque de esquina non foi despexado e Rafa Mella anotaba o segundo gol dos verdes. Sentenciado o partido, quedaba rodar ata o 90. O Arenteiro celebrou, e a súa afección fíxoo con eles, rematando outro día histórico.

Tamén a noraboa do adestrador do Almería, Rubi, quen ademais destacaba a superioridade dos verdes nun encontro no que non puideron facer máis. Agora toca seguir soñando. Este mércores, dende as 17:00 horas, celebrarase o sorteo para a segunda ronda. Fagan as súas apostas. Ese segundo encontro será o día 21, e en palabras de Fran Justo, chegará Papá Noel ó Carballiño con outra noite de ilusión.