O concello de Ribadavia apoia ás reivindicacións laborais das traballadoras da escola infantil.

Ribadavia pídelle á Xunta de Galicia que resolva os problemas laborais do Consorcio de benestar, que xestiona as Escolas Infantís “Galiñas Azuis”, e asuma as peticións de estabilización das súas traballadoras, de acordo á Lei.
Instan ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar a estabilizar a todas as traballadoras que atenden a unha media anual de case 20.000 persoas e familias usuarias nos seus distintos servizos: Escolas Infantís, Centros de Día, Centros Residenciais, Vivendas Comunitarias, Oficinas de Igualdade e Benestar ou o Servizo de Xantar na casa. 
Ribadavia a 15 de novembro de 2022. 
Nun Pleno extraordinario, o Concello de Ribadavia acorda:
    • Instar a Xunta de Galicia a que a que cumpra a Lei e negocie de boa fe co Comité de Folga, intentando chegar a acordos sobre os motivos da mesma.    • Instar a Xunta de Galicia a que nos criterios de baremación de méritos no proceso de estabilización e de estabilización extraordinaria referidos, se puntúe prioritariamente a experiencia das profesionais nos postos de traballo específicos desenvoltos no Consorcio Galego.    • Trasladar estes acordos á Xunta de Galicia instando a que actúe en consecuencia e resolva esta grave problema con carácter inmediato. 
A Xunta ten iniciado o proceso de elaboración de criterios para a baremación de méritos das prazas do Consorcio que saen a proceso de estabilización e que afectan a máis de 1300 profesionais.
Nos borradores que se coñecen, non valoran prioritariamente a experiencia das profesionais no Consorcio para seguir ocupando a súa praza, senón que igualan a baremación desta experiencia das profesionais do Consorcio, con profesionais doutras Administracións diferentes, como é a Xunta de Galicia, e que nunca traballaron no Consorcio. 
Si os criterios non mudan, para unha praza de psicóloga dunha residencia de maiores do Consorcio, se puntúa igual a unha profesional que leva ocupando esa praza 15 anos, que a outra psicóloga da Xunta de Galicia, que leva 15 anos traballando no ámbito da prevención das drogodependencias. Para unha praza de mestra nunha escola infantil do Consorcio, que atende a nenos de 0 a 3 anos, se valoraría igual a unha mestra que leva 15 anos ocupando este posto, que a outra mestra que ten 15 anos de experiencia na Xunta de Galicia educando a nenos e nenas de 5 e 6 anos, pero que ten 0 experiencia con bebés.
Estas profesionais do Consorcio son as mesmas ás que, dende a Xunta, se lles daban medallas de recoñecemento profesional polo seu traballo en primeira liña, no peor da pandemia, nas residencias de maiores, e pola súa atención e profesionalidade nas residencias integradas onde se coidaba e atendía a todas as persoas maiores con COVID.
Estas profesionais están na actualidade nunha folga que se estende durante os primeiros quince días de mes, entre setembro e decembro. Unha folga á que se ven obrigadas para conseguir que na fase de concurso se lles valore con prioridade a súa experiencia e bagaxe profesional, máis que demostrada neste últimos quince anos.
Non facelo, ademais de constituír unha anomalía no cumprimento do espírito da lei 20/2021 de resarcir o dano causado polo abuso de temporalidade nas Administracións, conlevaría o desmantelamento dos equipos profesionais dos centros atendidos, dada a altísima temporalidade das traballadoras do Consorcio, e un dano económico para a propia Administración en indemnizacións.

Por todo isto, o Concello pídelle a Xunta que teña en conta estas peticións xustas das traballadoras, xa que en Ribadavia a escola infantil Galiña Azul, que pertencente ao Consorcio, é un servizo público fundamental para a nosa sociedade. 
Todos os servizos públicos que presta o Consorcio son fundamentais para a nosa sociedade, afectando a parte máis queridas por todas as familias como son os nenos e nenas e os nosos maiores, polo que as Administracións deben coidar especialmente este servizo público e a súa labor social de interese público.

AVANTAR ACTIVIDADES