O xulgado arquiva unha denuncia contra o alcalde por presunta prevaricación administrativa

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Xulgado de 1ª instancia e instrucción do Carballiño acordou o sebreseimento provisional e arquivo da denuncia presentada por un avogado carballiñés contra o alcalde por presunta prevaricación administrativa. Na decisión sinálase  que non se pode falar de arbitrariedade na contratación da empresa que elaborou o documento da Relación de Postos de Traballo, o considerar que o contrato asinado no ano 2015 cumpría con todos os supostos dun contrato menor e por terse prorrogado o referido acordo pola necesidade de concluír o proceso de elaboración do convenio colectivo do Carballiño.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Segundo o denunciante, o concello tería seleccionado a unha empresa para o asesoramento no apartado de persoal, acusando que a administradora desta empresa era parella dun amigo dun administrativo do concello. O auto do xulgado sinala que non hai existencia dun trato de favor a tal entidade. Recalca que 2conforme ás manifestacións tanto dos investigados como das testemuñas, non se deriva a arbitrariedade ou contrariedade e dereito de dita adxudicación”.

Tamén se manifestou que grazas ao traballo desenvolto neste tempo, agora o concello conta coa valoración dos postos de traballo, un organigrama e moitos outros materiais e documentación da que antes non se dispoñía.

Por estes motivos, o auto do xulgado declara que “non podemos falar de arbitrariedade á hora de contratar á entidade, nin de infraccións en materia de procementos administrativos, xa que como manifestaron as testemuñas e investigados, o contrato que se celebrou en 2015 cumpría con todos os orzamentos do contrato menor. A entidade contratada contaba con boa reputación e tiña prestado asesoramento na materia de outros concellos de Galicia.

Segundo o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, detrás da denuncia contra a súa persoa “so existe unha campaña de persecución e teima persoal, lembrando que o mesmo avogado xa presentou unha denuncia anterior por unha situación de irregularidade urbanística creada fai moitos anos, sen que se iniciase causa algunha en todos os anos anteriores á chegada á alcaldía”.

Para Fumega, tamén chama a atención que ó día seguinte o que se ditou o auto acordando o sobreseimento provisional do caso, “fose un partido político da oposición o que emitise un comunicado que coincidía nas mesmas teses que as do avogado promotor da causa”.