A CIG reclama cunha manifestación a readmisión das traballadoras despedidas do Asilo

Esta mañá, diante das portas do Asilo Irmáns Prieto, o sindicato CIG convocou unha nova manifestación en defensa dos dereitos das traballadoras desta institución. Unha vez máis, critican as condicións laborais vividas e o incumprimento do convenio colectivo de residencias de maiores. Segundo a CIG, estas reclamacións xa foron levadas ó xulgado, afirmando tamén que lles deron a razón. Nun dos casos de despido, foi o xulgado quen ratificou que foi de xeito improcedente. Hoxe falamos con Anxo Pérez Carballo, secretario sindical da CIG.

O sindicato critica tamén que a lexislación laboral actual non respalde os dereitos dos traballadores, se non que favorece ás empresas. Para eles, o feito de que a xerencia opte pola indemnización e non pola readmisión da traballadora é un modo de tapar o que afirman que está sucedendo.

AVANTAR ACTIVIDADES