A Confederación e o comercio local participan nunha charla sobre dixitalización

A CEO, en colaboración coa Universidade de Vigo e o Centro Comercial Aberto do Carballiño, organizaron na xornada de onte unha xornadas sobre marketing dixital aplicado á empresa. A presentación correu a cargo de Marisol Nóvoa presidenta da
Confederación Empresarial de Ourense. Nóvoa considera que xa antes da pandemia, pero quizáis incrementado por ela, o comercio local debe afrontar unha transformación para gañar competitividade no sector.

Como parte organizadora, Julian Garriga, presidente do Centro Comercial Aberto, destacou que o futuro está no tecnolóxico, e que dende a entidade traballan para implementalo no día a día. Participou como moderadora Montserrat Cruz, decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo. Os relatores serán foron Andrés López, director de Kuatro Marketing Digital; Pablo Osorio, mentor de emprendemento, especializado nas áreas de marketing, comunicación e estratexia e Ana Adán, coordinadora de proxectos de emprendemento na área de dinamización rural e empregabilidade.

AVANTAR ACTIVIDADES