O PSDEG acusa a Jacome de furtarlle ao pleno e á cidadanía a capacidade de formular alegacións á MC

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

. O PSdeG-PSOE de Ourense amosa a súa satisfacción logo de coñecerse o contido da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que desestima o recurso de apelación interposto polo Concello de Ourense contra a sentenza do 20 de maio de 2022 ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo 2 de Ourense no procedemento ordinario 210/2021, a cal estimaba o recurso do grupo socialista contra o decreto de Alcaldía polo que se aprobou “unilateralmente” a modificación orzamentaria  2P/2021, por un importe de 62.601.389,04 euros para “acometer un plan de obras encuberto” na cidade.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“Unha vez máis, o TSXG dános a razón, coma na anterior sentenza” parabenízanse dende o grupo municipal socialista, ao tempo que destacan que “o alcalde actuou de maneira antidemocrática cando decidiu aprobar esta modificación de crédito impoñendo a súa vontade para levar a cabo un proxecto individual sen intervención plenaria”.

Neste sentido, acusan a Jácome de furtarlle ao pleno e á cidadanía a capacidade de formular alegacións á modificación de crédito e lembran que este modo de proceder conculca o dereito de participación consagrado na Constitución Española, que permite aos cidadáns presentar alegacións fronte a decisións administrativas de gran calado.

Así as cousas, as e os socialistas lembran que “a aprobación definitiva dunha modificación orzamentaria non cabe sen que se acorde unha fase de exposición ao público da mesma, e sen que as alegacións que se puideran presentar na dita fase sexan resoltas polo pleno municipal”.

Aseguran ademais que o anuncio do alcalde de presentar un novo recurso de casación ante o Tribunal Supremo contra esta resolución é “unha manobra de dilación sen percorrido xudicial xa que, con gran probabilidade, nin o admitirá este órgano superior de xustiza”, polo que unicamente persegue “retrasar a aplicación das sentenzas ditadas polos tribunais”.