O Cine Club trae este venres o filme francés “El acusado”

Este venres día 18 de novembro chega ao Auditorio Manuel María do Carballiño unha das grandes películas francesas dos últimos anos, “El acusado”, dirixida por Yvan Attal. Estreouse no Festival de Venecia fora de concurso e está nominada nos premios César na categoría de mellor guión adaptado. Conta cun excelente elenco de actores, dos máis recoñecidos do cinema francés.

O filme conta a historia dun mozo que é acusado de violar a unha rapaza e como mudan as súas vidas e as dos seus familiares. Os pases serán coma sempre ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 horas en VOS.

AVANTAR ACTIVIDADES