O PP de Ribadavia manifesta que o goberno ten que meter 20.000 € máis para pagar o desfase orzamentario da festa do Portal.

  • Os populares sinalan que con esta nova modificación de crédito de 20.000 €, son xa 40.000 € os que se levan incrementado na partida das festas para facer fronte ao desfase orzamentario do Portal 2022.

Os populares afirman que, tal e como xa sinalaron en outubro, eses 40.000 € son insuficientes para facer fronte a todo o desfase orzamentario existente, xa que sería necesario meter na partida 20.000 € mais para pagar todas as facturas existentes e non comprometer a realización de actividades culturais no Nadal

O goberno de Ribadavia ven de facer unha nova modificación de crédito de 20.000 € para pagar o desfase orzamentario existente na Festa do Portal 2022. Con esta nova modificación, son xa 40.000 € os que se levan incrementado na partida das festas para facer fronte ao gasto descontrolado derivado da nefasta xestión do goberno na organización do Portal 2022.

AVANTAR ACTIVIDADES

Aínda así, os populares sinalan que con esta modificación de crédito “non chega para facer fronte á totalidade do gasto das Festas do Portal pois, cómpre lembrar que a día de hoxe xa entraron polo rexistro municipal facturas por máis de 105.000 € en gastos da Festa do Portal, isto quere dicir que serían necesarios, a lo menos 20.000 € mais para facer fronte aos gastos das festas do Portal e para poder asumir gastos derivados doutras actividades coma o Magosto ou as actividades de Nadal”.

Os populares consideran que este desfase económico existente no orzamento do Portal é unha proba máis da absoluta incapacidade de xestión do goberno municipal, que non é quen nin de cadrar a previsión de orzamento e de gastos dunha actividade concreta como é a Festa do Portal. Resulta paradóxico que o goberno de Ribadavia, formado por PSOE e Ribeiro en Común, no contexto económico no que nos atopamos, non teña ningún tipo de control sobre o gasto dos recursos públicos e sexa incapaz de axustarse ao orzamento previsto para unha actividade, un orzamento que ademais aprobaron eles mesmos. Todo isto amosa unha preocupante falta de previsión e unha alarmante incapacidade de xestión dos cartos públicos, xa que agora faise necesario destinar unha importante cantidade de cartos a pagar este desfase orzamentario derivado da festa que non estaba previsto; uns cartos que deberían dedicarse a impulsar os sectores produtivos do concello ou a acometer obras e actuacións de mellora de diversas instalacións e infraestruturas municipais.