A modificación da ordenanza do Ivtm para bonificar aos vehículos eléctricos, proposta polo PP de Ribadavia en novembro de 2021 por fin se levará a cabo.

  • Os populares celebran que, finalmente, o goberno municipal de Ribadavia leve adiante a modificación proposta polo PP aínda que esta chega con un ano de retraso.
  • Con esta modificación da ordenanza do IVTM, tal e como solicitou o P.P. de Ribadavia en novembro de 2021, os vehículos de mobilidade sostible (eléctricos ou híbridos) contarán cunha bonificación do imposto do 75%.

Ribadavia, 17 de novembro de 2022.- O Partido Popular de Ribadavia agradece que o goberno municipal por fin vaia a modificar a ordenanza do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica, no Pleno do vindeiro xoves 24 de novembro,  para bonificar aos vehículos de mobilidade sostible, tal e como pediron os populares por vía dunha moción aprobada no Pleno de novembro de 2021.

Con esta modificación da ordenanza do IVTM os vehículos de mobilidade sostible, entendo por tal os eléctricos e híbridos (motor eléctrico-gasolina, eléctrico-diésel ou eléctrico-gas), gozarán dunha bonificación do 75% da cota do imposto.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os populares lamentan que esta modificación da ordenanza do IVTM chegue cun ano de retraso, xa que de levarse adiante en novembro de 2021 tal e como pediu o Partido Popular de Ribadavia, cunha moción presentada ao Pleno celebrado o 25 de novembro de 2021, o beneficio fiscal xa podería terse aplicado no exercizo 2022. Pola contra, o feito de que esta modificación non se fixese hai un ano provocou que algúns veciños do concello propietarios deste tipo de vehículos non se puideran beneficiar desta bonificación, de feito, o goberno municipal tivo que denegar expresamente solicitudes desta bonificación do imposto por non ter os deberes feitos e a ordenanza modificada.

Dende o Partido Popular de Ribadavia consideramos que é moi importante levar adiante esta modificación da ordenanza do IVTM, ao tempo que lamentamos que o goberno vaia cun ano de retraso, xa que nun contexto no que cada vez se fai mais importante establecer medidas encamiñadas á redución de gases de efecto invernadoiro, parece razoable que dende as administracións públicas se establezan mecanismos de bonificación fiscal para as persoas que incorporen ao seu día a día actitudes e instrumentos que lles permitan reducir as súas emisións de gases.