A Xunta incrementará en 2023 as axudas ós programas de prevención do suicidio

12:30 HORAS . Outra fotografía de Jorge Aboal, director xeral de Asistencia sanitaria, que intervirá sobre os plans de saúde foto xoán crespo

A Xunta incrementará en 2023 ata o medio millón de euros a convocatoria de axudas para programas de prevención do suicidio.

A aprobación do Plan de Saúde Mental de Galicia 2020-2024, permitiu que o Servizo Galego de Saúde incremente en cinco o número de unidades de prevención do suicidio coas que conta o Sergas, acadando a cifra de seis unidades especializadas , que se prevé que este ano se complete coa posta en marcha da sétima na zona de Santiago. Así, no que vai de ano estas unidades permitiron atender máis de 6.600 consultas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Unha das grandes características do Plan de Saúde Mental é o importante incremento de persoal especializado que supón. Así, a súa dotación de 83 millóns permitirá ampliar Recursos Humanos do Sergas en 241 profesionais deste ámbito, dos que xa están incorporados un total de 125.