Análise do uso de redes sociais e whatsapp no traballo

O venres 18 de novembro finaliza o ciclo de xornadas centrado en temáticas sobre a actualidade das relacións laborais. Esta serie de relatorios son froito do acordo entre a consellería de Emprego e Igualdade e as organizacións empresariais e sindicais para impulsar o diálogo social e os acordos desenvolvidos no exercicio deste diálogo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Así, desde hai un mes e medio, a Confederación desenvolveu charlas, de maneira presencial e en liña, centradas en aspectos como o teletraballo, a reforma laboral, a desconexión dixital ou a videovixilancia nos centros de traballo, monitorización de computadores das persoas traballadoras e o uso dos datos obtidos mediante a instalación de GPS.

A deste venres analizará de maneira práctica o uso de whatsapp e redes sociais na contorna laboral e os controis empresariais, ademais das obrigacións contidas na Lei Orgánica de Protección de Datos e Garantía de Dereitos Dixitais

Serán novamente expertos de Vento Avogados e Asesores, nesta ocasión Catarina Capeans e Elías Lloves quen abordará estas cuestións nunha conexión en liña a partir das 10 da mañá.