O BNG consegue, co apoio do resto dos Grupos municipais que se ofreza información e se avalíe a situación actual de Club Ourense Baloncesto

 Na reunión semanal do Consello Reitor do CMD e ante a insistencia dos Grupos municipais reclamando información ao alcalde, Gonzalo Pérez Jácome comprometeuse a convocar unha reunión o próximo luns ás 10:00h. coa presenza do actual presidente do Consello de Administración do clube.

Ourense, 17 de novembro de 2022. Trala reunión do Consello Reitor do CMD celebrada esta mañá e logo da insistencia dos Grupos, o alcalde asegurou que convocará ao actual Presidente do Consello de Administración de Club Ourense Baloncesto para que compareza ante os Grupos Municipais e ofreza toda a información da que dispón, o vindeiro luns ás 10:00 h. unha vez remate o Pleno extraordinario convocado.

AVANTAR ACTIVIDADES

Desde o Grupo municipal do BNG no Concello de Ourense amosan a súa satisfacción ante a nova xa que desde hai meses veñen reclamando informaciónn sobre todo o que está a acontecer no clube referencia da cidade e da provincia a nivel baloncestístico.