O concello de Piñor acollerá a I Xornada de educación familiar pola igualdade

O Concello de Piñor informa da realización da actividade I XORNADA DE EDUCACION FAMILIAR POLA IGUALDADE, con motivo do vindeiro 25N, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

O Programa de Educación Familiar, que se leva ofrecendo dende o Concello de Piñor dende o ano 2006, é precisamente un servizo que traballa directamente o tema da igualdade e a prevención da violencia de xénero, tanto coas familias usuarias como nas actividades comunitarias que leva a cabo. Dende devandito programa, financiado pola Consellería de Política Social e polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, levarase a cabo a actividade I XORNADA DE EDUCACIÓN FAMILIAR POLA IGUALDADE, que terá lugar o sábado 26 de novembro ás 16h na Praza do Arenteiro (Piñor). Tódalas familias están convidadas a participar nesta iniciativa, que consiste nunha tarde de teatro e xogos para desfrutar nenos/as, pais, nais, avós, avoas… unha xornada marcada pola diversión en familia, co seguinte itinerario:

AVANTAR ACTIVIDADES
  1. 16h: Obra de teatro “AVOAS”, representada por Run Run Teatro:  un espectáculo no que unhas avoas chegan á biblioteca coa proposta anual de actividades: Letras para todas e todos, tarde de bingo pola igualdade, atenta coa ferramenta, ximnasia de mantemento e taller de memoria serán algúnhas das propostas para este ano.
  2. 17h: XINCANA PARA TODA A FAMILIA: As familias participantes deberán cumprir unha serie de misións vinculadas á loita pola igualdade de xénero. Non haberá espazo para aburrimento!
  3. SORTEO DE AGASALLOS ENTRE OS/AS NENOS/AS PARTIPANTES: Varios kits de contos serán sorteados entre tódolos/as cativos/as asistentes, levando con eles a mensaxe da igualdade de xénero ás familias e fogares.

A I XORNADA DE EDUCACION FAMILIAR POLA IGUALDADE é de entrada libre e gratuita.

Por motivos organizativos, recoméndase a inscrición xa sexa mediante correo electrónico (educacionfamiliar.pinor@gmail.com) ou no teléfono 988403236.

Ante a posibilidade de que as condicións climatolóxicas sexan adversas, haberá instalada unha carpa coas dimensións precisas para poder acoller a realización da xornada de forma axeitada.

Dende o Concello de Piñor anímase a participar nesta actividade familiar, orixinal e lúdica, para pasar un sábado á tarde en familia, en prol da igualdade de xénero.