Francisco Rodríguez será finalmente o candidato a alcalde de Ourense polo PSOE, segundo a decisión tomada pola executiva galega do PSOE, que recupera a quen foi rexedor da cidade entre os anos 2007 e 2012.
A decisión foi adoptada pola dirección socialista galega, que preside Valentín González Formoso, nunha reunión celebrada en Santiago.